CRTVG

Buscar

A OMS recoñece a síndrome do traballor queimado como enfermidade profesional

Publicado o 09/06/2019 17:07

A Organización Mundial da Saúde recoñeceu a síndrome do traballador queimado como un fenómeno ocupacional de gran relevancia que circunscribe en exclusiva ao contexto laboral.
Os expertos esperan, porén, que non tarde en definila como unha enfermidade profesional, o que facilitaría, entre outros aspectos, a xestión de incapacidades ou indemnizacións.

Máis dun 60% dos traballadores din que se senten estresados pola súa carga de traballo; un 27%, pola relación con xefes ou compañeiros, e máis do 25, por medo a non estar á altura. Estas situacións mantidas no tempo poden derivar na síndrome do queimado, un estrés crónico relacionado co ámbito laboral con síntomas variados.

Esta síndrome, que pode acabar nunha depresión profunda, volveu á actualidade da man da OMS, que ampliou a súa definición. Se ben, de momento, só fala de fenómeno ocupacional. Tamén se pide unha resposta mellor a esta realidade por parte das empresas.

Os sectores que atenden situacións de enfermidade e sufrimento, como profesionais sanitarios, policías, bombeiros ou protección civil teñen máis risco de sufrir a síndrome do queimado.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/06/2019