Os expertos avisan do risco dunha mala práctida do deporte na casa
Quen non viu nos últimos días algún vídeo coma este...
César adestrábase acotío e decidiu que o confinamento non supuxera unha parada na súa preparación física. Fai dez quilómetros ao día correndo pola súa casa.
O caso é que moitos foron os que decidiron nas últimas semanas incluír o exercicio na súa vida cotiá. Pero xa advirten os facultativos: moito ollo, porque o exceso pode provocar lesións importantes como tendinite, roturas de menisco ou do ligamento cruzado anterior e diversas lesións musculares. Xeonllos e nocellos son os que máis sofren.
Porque adestrar, pódese adestrar, o caso, din, é facelo con cabeza.
E apuntan: moito ollo coas cintas de correr, a falta de amortecemento pode tamén provocar algunhas lesións. En canto aos máis maiores, lembran que media hora de exercicio ao día é dabondo, sempre camiñando e sen facer xiros bruscos.