CRTVG

Buscar

Os expertos apuntan a unha desescalada precipitada como unha das causas da segunda vaga en España

Publicado o 18/09/2020 16:20

Por que a segunda vaga está golpeando España máis ca o resto dos países europeos? Para Alberto Ruano, profesor de Medicina Preventiva da USC, unha desescalada precipitada e falta de rastrexadores e a escaseza de probas diagnósticas son as cauas

Relaxamos os protocolos de seguridade. Sufrimos o que os expertos chaman fatiga da pandemia.
Luis Miller, Sociólogo e investigador do CSIC, di que é imposible dende un punto de vista cognitivo manter a atención durante tantos meses. Explica que os hábitos se van perdendo co tempo. 

Por iso insisten en manter as medidas de hixiene e seguridade e poñen o foco nas reunións familiares.
Advirten xa de que este Nadal será diferente.

Noticias web

18/09/2020