Os expertos apostan por un plan contra o coronavirus por territorios
Publicado o 30/03/2020 15:19
A velocidade de propagación do coronavirus non é igual en todas as comunidades; este é o motivo polo que moita xente se pregunta que é o que habería que facer se Galicia supera antes a crise sanitaria que outros territorios. Os expertos téñeno claro.
Os expertos están a favor de tomar distintas medidas dependendo dos territorios, como se fixo na China, pero din que o primeiro paso sería realizar test masivos entre a poboación.