CRTVG

Buscar

Os expertos alertan dunha crise na saúde mental como efecto da pandemia

Publicado o 26/08/2020 11:24

A pandemia está a pasar factura á nosa saúde mental, que non só afecta adultos, tamén os máis pequenos.

José Manuel Crespo, da Asociación Galega de Psiquiatría, explica no Bos días cales son os trastornos máis comúns que se están vendo agora nas consultas: "Primeiro, as persoas que xa padecían algún tipo de transtorno que se lle anularan as citas pola pandemia e agravaron o seu cadro; despois están as persoas afectadas directamente pola infección ou que padeceron familiares próximos, estes teñen depresión, ansiedade e dificultades para durmir, en moitos casos".

Nestas patoloxías non hai discriminación de idade e "depende máis de factores como se tivo o virus próximo, na familia, das condicións socioeconómicas, os profesionais sanitarios e os profesionais non sanitarios que estiveron directamente implicados na contención da pandemia".

Nos nenos hai "unha incidencia máis elevada nos trastornos de ansiedade", explica José Manuel Crespo.

Noticias web

26/08/2020