CRTVG

Buscar

Os expertos afirman que o transporte público, se se manteñen as medidas, é seguro

Publicado o 21/09/2020 16:59

O transporte público perdeu usuarios coa pandemia, e son moitos os que o seguen evitando ou que soben con medo ao autobús. Pero os expertos en saúde pública insisten en que, cumprindo as medidas, se pode viaxar sen medo no transporte público.

Os expertos insisten en que o risco de infección é baixo. Iso si, sempre que se cumpran as medidas de seguridade: o usuario debe levar a máscara posta todo o tempo e manter a distancia na medida do posible, e a empresa ten que garantir unha boa ventilación.

Ha de haber xel hidroalcóholico, pero recomendan que os viaxeiros leven consigo un bote propio.

Tamén minimiza o risco de contaxio o feito de que o tempo que pasamos no transporte público é en xeral breve, e que non son lugares para socializar.

Ocorre o contrario nos establecementos de hostalaría, por exemplo, a onde si imos para socializar, para falar, e onde botamos máis tempo.

Nese sentido, o transporte público é menos perigoso. Agora ben, recomendan que evitemos as horas punta.

Noticias web

21/09/2020