CRTVG

Buscar

Os expertos advirten que, en caso de rebrote, "a maioría dos galegos somos susceptibles" de contaxiarnos

Publicado o 23/05/2020 15:56

Os expertos din que o confinamento, a distancia social e as medidas de hixiene funcionaron. Afirman que a evolución das últimas semanas está a ser moi boa, pero advirten que temos que seguir manténdonos en alerta e actuando con precaución, tendo en conta o resultado do estudo de seroprevalencia na nosa comunidade.

Os hospitais galegos comezaron a utilizar hai semanas plasma de curados principalmente en fases precoces con doentes de risco, para evitar complicacións. O primeiro paciente no que utilizaron este tratamento foi no hospital Álvaro Cunqueiro, de Vigo, nun home duns 70 anos, nese caso en situación crítica.

Esta terapia pretende reforzar a inmunidade dos pacientes para que a agresividade do virus no organismo sexa menor. E mentres se avanza en tratamentos e na carreira por atopar a vacina, os profesionais sanitarios xa pensan no próximo outono, coa chegada da gripe.

Agora -din- o sistema ten que ir por diante do virus: ir planificando a resposta a posibles rebrotes, xa que cren que aínda quedan, polo menos, dez meses de crise sanitaria.

Noticias web

23/05/2020