CRTVG

Buscar

Os expertos aconsellan para non ser estafados durante o Black Friday

Publicado o 13/11/2020 14:49

"A ciberdelincuencia aumentou arredor dun 350 %. A día de hoxe move máis cartos a nivel mundial que por exemplo o tráfico de drogas  e a maior parte de ataques veñen por phishing, por suplantación de identidade que supón máis ou menos en torno o 90%  dos ciberdelitos".

O que fala é Fernando Suárez, presidente do Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia.

Con estes datos sorprendentes non é de estrañar que queiran facer un chamamento para que sexamos responsables á hora de facer as compras.

"Sempre entidades de confianza que coñezamos e fixarnos tamén por exemplo que na páxina web, que na parte superior do navegador apareza o https ou o cadeadiño que nos informa de que a conexión é segura. Logo, non utilizar wifi de zonas comúns e tamén desconfiar das grandes oportunidades, das grandes ofertas que moitas veces o que enmascaran é unha fraude non só na propia oferta senón para facerse cos nosos datos", comenta Fernando.

Tamén recomendan ter unha tarxeta con saldo limitado e só para este tipo de compras. Hai quen prefire pagar contra reembolso.

"Eu teño unha tarxeta só para esas compras", conta un señor. "Adoito pedir e que chegue á casa e pago", apunta unha rapaza.

Moitos dos que xa sufriron un calote deixaron de comprar en liña.

"Pilláronme os datos por Internet e realizaron compras ao meu nome", laméntase unha vítima. 

"Insisto, sentido común e tamén unha recomendación que facemos é un chamamento para facer compras a través de internet e tamén no comercio local", sentencia Fernando Suárez.

Noticias web

13/11/2020