CRTVG

Buscar

Os exames de MIR celebráronse en Galicia cuns 1.800 aspirantes

Publicado o 27/03/2021 21:02

Sábado de exames de MIR, (Médico Interno Residente) e das disitintas Formacións Sanitarias Especializadas.

As probas celebráronse de xeito simultáneo en todo o estado. Ofértanse 10.249 prazas. En Galicia hai preto de 1.800 aspirantes e os exames realizáronse por primeira vez en décadas en dúas sedes, na habitual de Santiago e en Vigo. 590 persoas presentáronse á especialidade de medicina, 775 a enfermaría e 193 a psicoloxía.

O resto optan a unha praza nas ramas de farmacia, bioloxia, química ou en física. Segundo o delegado do Goberno, Javier Losada, esta convocatoria supón un "importante reforzo para a sanidade e os servizos públicos" nun momento en que "se fan -dixo- imprescindibles".

Noticias web

27/03/2021