CRTVG

Buscar

Os exames de acceso á universidade serán en Galicia os días 8, 9 e 10 de xuño

Publicado o 25/01/2021 19:47
Os exames de acceso á universidade serán en Galicia os días 8, 9 e 10 de xuño

A Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) anunciou este luns que, se a pandemia o permite, as datas de celebración en Galicia dos exames de acceso á universidade serán os días 8, 9 e 10 de xuño.

Os resultados provisionais publicaranse antes do 25 dese mes.

Esta será a convocatoria ordinaria, mentres que as datas reservadas para a extraordinaria, segundo informa este organismo, son 6, 7 e 8 de xullo.