CRTVG

Buscar

Os ex-ministros José Blanco e Ana Pastor declaran na comisión do caso Alvia

Publicado o 11/02/2019 08:21

Xornada relevante na comisión de investigación sobre o accidente do Alvia. Comparecerán os ex-ministros José Blanco e Ana Pastor. Os responsables da carteira de fomento, tanto co Goberno do PSOE como do PP, responderán sobre as decisións relacionadas co Alvia que se tomaron durante o seus respectivos mandatos.

A comisión do Congreso dos Deputados, constituída en abril de 2018, ampliou ata maio os seus traballos co obxectivo de aclarar as causas do sinistro, en que morreron 80 persoas e deixou máis de 150 feridos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/02/2019