CRTVG

Buscar

Os ex-ministros Blanco e Montilla fichan por Enagás

Publicado o 27/05/2020 19:14

Dous ex-ministros socialistas, Xosé Blanco e José Montilla, fichan pola compañía enerxética Enagás. A empresa, participada nun 5% polo Estado, aprobará a súa incorporación, previsiblemente a finais de xuño. Sentarán nun consello de administración onde tamén están as ex-ministras populares Ana Palacio e Isabel Tocino, ademais do ex-presidente de Alianza Popular, Antonio Hernández Mancha.

Noticias web

27/05/2020