CRTVG

Buscar

Os ex-conselleiros Puig e Comí, libres tras declarar en Bruxelas

Publicado o 07/11/2019 21:05

A xustiza belga deixou en liberdade os ex-conselleiros cataláns Toni Comí e LLuis Puig, que se presentaron hoxe voluntariamente na Fiscalía de Bruxelas tras activarse a euroorde de detención contra eles.

Despois de declarar durante varias horas, o xuíz impúxolles a prohibición de saír de Bélxica, á espera de fixar a data para a audiencia definitiva, que as súas defensas queren facer coincidir coa de Carles Puigdemont, o próximo 16 de decembro.

En canto á ex-conselleira Clara Ponsatí, o Reino Unido deixou claro que a súa orde de detención segue activa, e que simplemente pediron máis información para poder tramitala.

 

Noticias web

07/11/2019