CRTVG

Buscar

Bos días

Os europeos de Gotemburgo rematan con catro medallas para o atletismo español

Publicado o 04/03/2013 09:55


E en atletismo, nos campionatos de Europa de pista cuberta de Goteborg, rematan con catro medallas para España. A máis especial foi para Ruth Beitia. Pensou na súa retirada, rectificou para, por exemplo, converterse na nova campioa de Europa. Gañou o Ouro onte á tarde cun salto de 1,99. Pola mañá Kevin López gañou a prata nos 800.

O sábado houbo dúas medallas máis. Tamén de prata, Isabel Macías foi a segunda nos 1.500 metros e Juan Carlos Higuero tamén foi o segundo nos 3.000, despois de facer unha última recta espectacular. Esta era unha medalla especial. Era a número cen de España nos europeos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

04/03/2013