CRTVG

Buscar

Os eurodeputados británicos fan as maletas

Publicado o 30/01/2020 21:30

Imaxes de mudanza en 73 despachos do Parlamento Europeo. Nestas caixas marchan do continente 47 anos de historia compartida. Horas tristes para persoas como Richard Corbett: hoxe abandona o que foi o seu fogar durante dúas décadas.

Richard Corbett, ex-eurodeputado británico di que "é ao mesmo tempo descorazonador e reconfortante, pola simpatía, a solidariedade e a calor dos nosos colegas europeos que tamén están tristes por vernos marchar"

Rory Palmer choraba onte ao despedírse dos seus colegas na Eurocámara. 24 horas despois, conta que segue triste, pero tamén emocionado.

Rory Palmer, ex-eurodeputado británico, confesa que "a solidariedade e o apoio dos nosos amigos e colegas que vimos onte na cámara foi incrible, máis aló das palabras"

Para Jude Kirton-Darling, hoxe remata a súa carreira política. Preocúpalle o camiño cara ao nacionalismo que emprende o Reino Unido, pero garda unha esperanza: "se a Unión Europea segue dándonos exemplos do que se pode conseguir estando xuntos, creo que nunha xeración, en 10 ou 15 anos estaremos petando na porta para volver"

Noticias web

30/01/2020