CRTVG

Buscar

Os EUA van permitir desde novembro a entrada de viaxeiros vacinados da UE

Publicado o 20/09/2021 16:24

O Goberno dos Estados Unidos anunciou este luns que vai permitir a partir "de comezos de novembro" a entrada no país de viaxeiros do Reino Unido e a Unión Europea (UE) que estean vacinados coa pauta completa.

Os viaxeiros terán que poder demostrar que contan coa proba de vacinación e tamén un test negativo realizado tres días antes da viaxe, explicou Jeff Zients, xefe do equipo de resposta contra a covid−19 da Casa Branca nunha conferencia de prensa virtual.

Os socios europeos foron moi críticos coas restricións de viaxe impostas polos Estados Unidos, onde a porcentaxe de vacinación e moi inferior á europea.

Os EUA son o país con máis casos confirmados e covid−19, máis de 42 millóns de contaxios, e tamén son o que máis defuncións rexistraron a causa desta enfermidade, máis de 673.000 falecidos, o que supón 205 mortes por cada cen mil habitantes, segundo cifras da Universidade Johns Hopkins.

Nestes momentos a poboación vacinada coa pauta completa nos Estados Unidos representa arredor do 55 por cento do total. Mentres, a vacinación na Unión Europea sitúase no 61 por cento.

Noticias web

20/09/2021