CRTVG

Buscar

Os EUA suspenden todos os voos con Venezuela

Publicado o 16/05/2019 09:15

O Goberno dos Estados Unidos ordenou a suspensión de todos os voos con Venezuela. A Administración de Donald Trump alega ameazas de seguridade dada a situación que vive o país latinoamericano.

O Goberno estadounidense considera que voar nas actuais circunstancias a Venezuela representa un perigo para pasaxeiros, aeronaves e tripulacións.

Estas ameazas para a seguridade foron as que levaron ao Departamento do Interior a ordenar a a suspension inmediata de todos os voos entre os Estados Unidos e Venezuela.

A Administración de Donald Trump considera que esta medida é necesaria polos actos de violencia que hai nos arredores do aeroporto de Caracas.

A decisión prodúcese cando algunhas compañías aéreas como American Airlines xa suspenderan os seus voos o pasado mes de marzo, e outras como United e Delta xa o fixeran o ano pasado.

Ademais desta prohibición dos voos a Venezuela, o Departamento de Estado xa emitira recomendacións para que non se viaxara a este país porque, segundo aseguraba nun comunicado, non é un lugar seguro para os cidadáns estadounidenses.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/05/2019