CRTVG

Buscar

Os EUA permitirán reclamar propiedades confiscadas pola revolución cubana

Publicado o 17/04/2019 21:15

O Goberno apoiará as empresas españolas con actividade en Cuba ante posibles demandas e sancións dos EUA a compañías establecidas na illa, despois de que o Goberno estadounidense planee a revisión da lei Helms-Burton de 1996, segundo explicou o secretario de Estado Mike Pompeo. Permitiría a cidadáns norteamericanos a reclamación de propiedades ou bens confiscados durante a revolución de 1959. Para o Executivo de Pedro Sánchez, este cambio non contribuiría ao obxectivo común de seguir promovendo a democracia, a apertura política e os dereitos humanos en Cuba.

Algunhas cadeas hoteleiras como Iberostar e Meliá, serían algunhas das compañías españolas máis afectadas, cunha chea de hoteis no país.

Unión Europea tamén se posicionou rotundamente en contra da activación desa norma e advertiu a Washington por carta de que tomará as medidas necesarias para protexer os intereses europeos. Desde o Goberno cubano desbotaron enerxicamente a decisión de Estados Unidos insistindo en que se trata dun ataque ao Dereito Internacional, advertindo que será un fracaso.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/04/2019