CRTVG

Buscar

Os EUA matan dous membros do Estado Islámico, tras o atentado de Cabul

Publicado o 28/08/2021 20:17

• O ataque executouno un dron nunha base do leste de Afganistán

Poucas horas despois do atentado xihadista que lle custou a vida a 175 persoas no aeroporto de Cabul, os Estados Unidos vingáronse matando dous dos presuntos indutores do terrorista suicida.

Entre os mortos no estoupido deste xoves hai 13 soldados norteamericanos, outros 18 quedaron feridos. Os mandos militares estadounidenses confirmaron hoxe que bombardearon cun dron unha base do Estado Islámico, e que mataron dous dos organizadores do atentado.

E mentres, algúns países seguen sacando á súa xente e ós colaboradores afgáns que poden de Cabul, antes de que o próximo martes, día 31, abandonen Afganistán as últimas tropas norteamericanas e os talibáns asuman o poder tamén no aeroporto.

O ACNUR pediulle ós países veciños que abran as fronteiras e axuden ós miles de afgáns que foxen por terra dos talibáns.




 

Noticias web

28/08/2021