CRTVG

Buscar

Os EUA impoñen unha multa de 4.300 millóns a Volkswagen polos motores trucados

Publicado o 11/01/2017 20:45

Ademais, presentaranse cargos a seis dos seus executivos polo escándalo dos motores diésel trucados do fabricante alemán

E tamén dos Estados Unidos chega a última multa a Volkswagen polo escándalo dos motores trucados.

A empresa automobilística terá que pagar 4.300 millóns de dólares. A sanción é froito dun acordo polo que a empresa se declara culpable dunha conspiración para estafar os seus clientes durante máis de 10 anos, falsificando os datos das emisións contaminantes dos seus vehículos. Ademais, a xustiza norteamericana procesará 6 dos seus directivos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/01/2017