Os EUA e a Organización de Estados Americanos denuncian a campaña de terror desatada polo réxime nicaraguano
Publicado o 14/06/2021 08:52

O Goberno de Nicaragua ordenou a detención doutros cinco dirixentes opositores, aos que acusa de iniciar a inxerencia estranxeira. Os detidos son algúns dos máximos dirixentes da Unión Democrática Renovadora, entre os que está Dora María Téllez, unha figura emblemática da revolucion sandinista e hoxe enfrontada a Daniel Ortega. Os Estados Unidos e a Organización de Estados Americanos denuncian a campaña de terror desatada polo réxime nicaraguano de cara ás eleccións presidenciais previstas para o próximo novembro.