CRTVG

Buscar

Os EUA baten marcas en mortes e contaxios diarios

Publicado o 17/12/2020 09:19

O número de falecementos e de novos casos de infectados por covid-19 nos Estados Unidos superou este mércores o seu máximo nun día. Faleceron 3.784 persoas e rexistráronse por riba dos 250.000 novos contaxiados.

O estado de Nova York segue a ser o de máis vítimas mortais desta pandemia, co 12 por cento dos 307.000 falecementos rexistrados en todo o país.

A cifra supera as previsións iniciais do Goberno de Trump e multiplica por tres a cota baixa desas estimacións que agoiraban entre 100.000 e 240.000 mortes.

Noticias web

17/12/2020