CRTVG

Buscar

Os EUA autorizan a vacina monodose contra a covid de Johnson&Johnson

Publicado o 27/02/2021 17:21
Os EUA autorizan a vacina monodose contra a covid de Johnson&Johnson

O comité asesor de vacinas da Axencia de Alimentos e Medicamentos dos Estados Unidos (FDA) deulle hoxe luz verde á autorización de emerxencia da vacina contra a covid-19 de Johnson & Johnson, co que podería comezar a distribuírse nas próximas horas.

Os membros do comité que avalía as vacinas na FDA considerou por unanimidade que os beneficios da vacina superan os riscos para os maiores de idade, co que poderá sumarse como a terceira vacina contra a covid dispoñibles para os estadounidenses.

Noticias web

27/02/2021