CRTVG

Buscar

Os EUA anuncian a creación dun 'exército espacial' para asegurar o seu dominio

Publicado o 10/08/2018 09:43

Os Estados Unidos anuncian a creación dun "exército espacial" co que pretende asegurar o seu dominio do espazo e contrarrestar os avances de Rusia e A China. Segundo explicou o vicrepresidente, Mike Pence, o espazo converteuse nun novo campo de batalla e por iso decidiron enviar ao Congreso o proxecto para crear un exército dedicado á seguridade espacial. Será a sexta rama das fozas armadas dos EUA e podería estar operativa en 2020. A administración Trump prevé destinar a este novo exército uns 8.000 millóns de dólares.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/08/2018