CRTVG

Buscar

Os EUA adxudica a unha empresa italiana a construción de dez fragatas ás que optaba Navantia

Publicado o 01/05/2020 20:14
Os EUA adxudica a unha empresa italiana a construción de dez fragatas ás que optaba Navantia

Os Estados Unidos dalle as costas á empresa naval pública Navantia e seleccionan o proxecto da empresa taliana Fincantieri para a construción de dez fragatas. Este contrato inclúe, ademais desas fragatas para a armada norteamericana, a fabricación dun barco base. Segundo algunhas fontes militares estadounidenses, detrás desta decisión podería estar a orde do Goberno de España de retirar a fragata Blas de Lezo, como escolta do portaavións Abraham Lincoln no golfo Pérsico hai un ano.

Noticias web

01/05/2020