CRTVG

Buscar

Os estudantes que irán de Erasmus baixan un 40% en Vigo e un 32% en Santiago

Publicado o 20/08/2020 14:49

A situación de incerteza provocada pola covid-19 reduciu de xeito significativo o número de alumnos do programa Erasmus. Na Universidade de Santiago, os que sairán estudar fóra son un terzo menos ca no curso anterior, unha caída que é maior aínda na Universidade de Vigo, de onde sairán de Erasmus un 40% menos. Ademais, a maioría decidiu adiar a saída ao segundo semestre.

"A xente está empezando a desprazar a mobilidade de cara ao segundo semestre. Pensamos que é para ver se a situación se vai normalizando un pouco. No programa de intercambio bilateral, que é con todo o mundo, pero principalmente con Centroamérica e Sudamérica, estamos vendo unha caída importante", explica Víctor Arce, Vicerreitor de Estudantes e Proxección Internacional da USC.

Os estudantes que veñen de América son este ano un 76% menos que no curso anterior. Pola contra, onde menos se nota o impacto da covid-19 é entre os estudantes que veñen á Universidade de Santiago desde outros países de Europa, apenas un 4% menos ca o ano pasado.


 

Noticias web

20/08/2020