CRTVG

Buscar

Os estudantes poden solicitar as PCR para volver á casa

Publicado o 21/12/2020 14:58

Os estudantes que volvan aos seus fogares para pasar as festas do Nadal xa poden apuntarse no rexistro para facer as probas diagnósticas da covid.

Algúns viaxaron xa durante a fin de semana, pero a maioría farao entre este luns e o martes. Aos que volven á casa preocúpalles o encontro coas súas familias.

Antes de emprender o camiño de volta, o comité clínico aconsella pasar pola páxina do rexistro de viaxeiros.

Os estudantes rexistrados recibirán unha chamada coa cita para unha proba PCR no seu lugar de destino. As probas faranse en coordinación coas áreas sanitarias encargadas de dar a cita.

Galicia tamén mantén activo o rexistro de viaxeiros obrigatorio para os que visiten Galicia procedentes de lugares de risco.

Noticias web

21/12/2020