CRTVG

Buscar

O alumnado que se presentou á ABAU pode consultar as notas definitivas

Publicado o 24/06/2021 19:43
O alumnado que se presentou á ABAU pode consultar as notas definitivas

Xa están colgadas as notas definitivas da selectividade deste ano. A publicación só afecta os alumnos que solicitaron unha revisión do exame tras a publicación a semana pasada dos resultados provisionais.

Este ano houbo un 16 % menos de reclamacións. As probas máis impugnadas foron Historia de España e Bioloxía. O ano pasado, a metade dos que reclamaron quedaron coa mesma nota, un de cada tres logrou subila e o 15 % acabou cun resultado aínda peor.

Noticias web

24/06/2021