CRTVG

Buscar

Os estudantes esixen a fin da represión no inicio do diálogo co Goberno de Daniel Ortega

Publicado o 16/05/2018 21:23

Entre fortes medidas de seguridade botou a andar nun seminario de Managua o diálogo do Goberno de Nicaragua cos representantes da sociedade civil, empresarios e estudantes. O obxectivo das conversas, que contan coa mediación da Igrexa, é poñer fin a case un mes de protestas antigobernamentais que deixan xa 58 mortos.

Os universitarios esixíronlle ao presidente Daniel Ortega que poña fin á represión de xeito inmediato tras o asasinado doutros dous estudantes durante a madrugada. Ortega lamentou as mortes e asegurou que a policía ten orde de non disparar. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/05/2018