CRTVG

Buscar

Os estudantes enchen as bibliotecas poucos días antes dos exames da ABAU

Publicado o 04/06/2021 14:31

As bibliotecas énchense de estudantes e mesmo chegan antes da apertura para conseguir sitio. Nestas datas ademais de opositores a maioría son mozos que se preparan para as probas de acceso á universidade.

Os usuarios din que aquí se concentran mellor que na casa e se distraen menos. Quedan poucos días para os exames e aumenta a presión e os nervios. En Galicia vanse presentar ás probas da ABAU uns 13.000 estudantes.

Noticias web

04/06/2021