Os estudantes de Veterinaria de Lugo denuncian a falta de profesorado
Publicado o 14/10/2021 20:08
Alumnos da Facultade de Veterinaria de Lugo protestan polas carencias formativas e de profesorado que, segundo din, sofre este centro. Aseguran que foron suspendidas numerosas clases prácticas por falta de profesorado ou ben por mor da pandemia, malia que, según din, non supoñían ningún risco. Os alumnos reclaman unha solución urxente, xa que, do contrario, din, non terán unha formación completa.