CRTVG

Buscar

Os estudantes que o próximo curso irán de Erasmus poden pedir cita para vacinarse

Publicado o 05/07/2021 14:39

Xa está en marcha o novo sistema de autocita que o Sergas pon a disposición dos galegos e que lles permitirá solicitar cita para vacinarse frente a covid-19.

A cita pode pedirse a través da internet ou mediante a aplicación Sergas Móbil e o acceso estará habilitado para todos os cidadans con e sen tarxeta sanitaria aínda que polo de pronto só está aberto para un colectivo. Este luns só poden acceder ao sistema de autocitas os menores de 30 anos que teñan a condición de estudantes de Erasmus comunicados oficialmente polas tres universidades galegas.

A partir do mércores poderán acceder tamén os maiores de 50 que non acudiran a vacinarse nos primeiros chamamentos e segundo vaia evolucionando a campaña e se vaian recibindo vacinas irase abrindo a outras franxas de idade e colectivos.

Noticias web

05/07/2021