CRTVG

Buscar

Os estudantes aproveitan o verán para sacar o carné de conducir

Publicado o 10/07/2019 22:06

Nestes meses as autoescolas ofrecen un maior número de cursos e preparan os alumnos de maneira máis intensiva.

Nuns ordenadores, os test vanse sucedendo co único obxectivo de obter o permiso de conducir o antes posible. Logo será o momento de poñer en práctica os coñecementos adquiridos, xa sobre o asfalto. As autoescolas viven no verán a súa época de maior actividade.

Para facer fronte ao aumento da demanda, dende as autoescolas chegan a triplicar a súa oferta con respecto ao resto do ano e inclúen máis cursos intensivos, principal reclamo para os estudantes.

A metodoloxía empregada nas aulas e o empeño dos alumnos por obter o permiso canto antes conforman o éxito nas probas.

As datas para examinarse son marcadas pola Xefatura de Tráfico.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/07/2019