CRTVG

Buscar

Os estaleiros galegos teñen carga de traballo garantida para este ano e parte do que vén

Publicado o 11/02/2019 15:34

Os estaleiros galegos teñen carga de traballo garantida para este ano e parte do que vén. 2018 foi o mellor ano dos últimos dez, e deixou 15 novos buques na carteira de pedidos. 

Case o 90 por cento dos novos encargos do sector naval procede do exterior. O último ano trouxo 15 novos pedidos, que converteron 2018 no mellor dos últimos dez en contratacións.

Almudena López del Pozo, conselleira delegada de PYMAR: "Contratáronse 15 novos buques, por importe de 550 millóns de euros e iso supón 4,2 millóns de horas de traballo".

Deste xeito, os estaleiros teñen garantida a actividade durante todo este ano e parte do que vén.

Almudena López del Pozo, conselleira delegada de PYMAR: "A perspectiva de 2019 tamén boa, neste momento estanse a negociar moitos contratos e creo que temos que ser optimistas e pensar que vai ir tan ben como en 2018".

A produción dos estaleiros galegos está diversificada malia que o 48 por cento dos buques contratados son pesqueiros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/02/2019