CRTVG

Buscar

Os estaleiros celebran o acordo para construír a metade da nova frota pesqueira arxentina

Publicado o 20/09/2019 15:25

O presidente da Xunta pecha a visita a Bos Aires con varios encontros coa colectividade galega. Nas últimas horas asistiu á apertura dunha nova clínica de obra social, que vai atender un bo número de emigrantes. Esta tarde vai estar en Mar da Prata.

Os estaleiros celebran o acordo que pechou o presidente da Xunta co Goberno da Arxentina. Van construír a metade da frota que traballa en augas do país austral. A previsión, segundo o ministro de Pesca do Goberno arxentino, é a de renovar a frota e construír barcos por un importe de 2.500 millóns de dólares. Segundo o acordo acadado co presidente da Xunta de Galicia, os estaleiros galegos serán os encargados da construción da metada da nova frota do país.

Desde o Clúster do Sector Naval Galego tamén se amosan satisfeitos co acordo para a rebaixa dos aranceis do catorce ao sete por cento nos barcos que se fagan fóra do país latinoamericano. 

As encargas potenciarán a carteira dos estaleiros galegos para os próximos anos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/09/2019