CRTVG

Buscar

Os Estados Unidos volven recomendar non viaxar a España

Publicado o 27/07/2021 08:35

Os Estados Unidos volven recomendar non viaxar a España. Sitúan o país no nivel 4, o de maior alto risco por coronavirus. O Departamento de Estado norteamericano recolleu nun aviso a alerta dos seus centros para o control e prevención de enfermidades.

A preocupación é máxima pola expansión da variante delta, que fixo medrar os casos nun 53 % nos últimos sete días nos Estados Unidos. Ademais de España, as autoridades estadounidenses elevaron ao nivel máis alto de risco por covid−19 Portugal, Chipre, Cuba ou Kirguizistán.

Noticias web

27/07/2021