CRTVG

Buscar

Os Estados Unidos entregan á Arxentina miles de documentos secretos sobre a ditadura

Publicado o 13/04/2019 12:31

O goberno dos Estados Unidos de América entregou 40.000 documentos desclasificados sobre a "guerra sucia" da última ditadura arxentina (1976-1983), o que podería aclarar ata que punto Washington coñecía e aprobaba os abusos que se cometeron. O bibliotecario David S. Ferreiro, máxima autoridade na conservación de arquivos históricos nos EUA fixo entrega de seis discos compactos cos documentos, dos que o 97% son públicos na súa totalidade, unha porcentaxe moi alta nestes casos.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/04/2019