CRTVG

Buscar

Os Estados Unidos e o Reino Unido culpan a Rusia do ataque ao espía Serguéi Skripal

Publicado o 13/03/2018 08:48

O Goberno dos Estados Unidos secunda o posicionamento do Reino Unido tras o ataque ao espía dobre Serguéi Skripal.

O secretario de Estado estadounidense, Rex Tillerson, dixo que ten plena confianza en que hai unha alta probabilidade de que Rusia estea detrás do envelenamento de Skripal.

Iso foi o que dixo a primeira ministra británica, Theresa May, quen advertiu de que o interpretará como un ataque directo contra o Reino Unido se se confirman as súas sospeitas. May pídelle ao Goberno ruso unha explicación alternativa crible ou considerará que estamos ante o uso ilegal da forza por parte do estado ruso contra o Reino Unido.

Tillerson aproveitou a circunstancia para definir o Goberno de Rusia como unha forza irresponsable e de inestabilidade no mundo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/03/2018