CRTVG

Buscar

Os Estados Unidos distribúen xa a vacina de Moderna polo país desde este domingo

Publicado o 20/12/2020 10:04

Nos Estados Unidos xa encheron milleiros de colectores con caixas de vacinas de Moderna para comezar a distribuílas este domingo, mentres que a Unión Europea probará a primeira, a de Pfizer esta semana. Coa axuda das Forzas Armadas, operadores loxísticos dos Estados Unidos cargan os camións de caixas ultrafrías coas vacinas contra a covid-19 de Moderna, xa autorizadas pola FDA, para a súa distribución a máis de 3.700 puntos do país. O luns comezarían as primeiras inxeccións.

A axuda do Pentágono permite acelerar a campaña de inmunización. Moderna xa transportou as vacinas desde as súas plantas aos almacéns de medicamentos desde onde se realiza a súa distribución.

 

Noticias web

20/12/2020