CRTVG

Buscar

Os Estados Unidos acusan a chinesa Huawei de fraude e espionaxe

Publicado o 29/01/2019 08:34

O Goberno dos Estados Unidos acusou a empresa chinesa Huawei de fraude e espionaxe industrial. Ao mesmo tempo, o departamento de Xustiza estadounidense confirmou a petición de extradición da directora financeira de Huawei no Canadá por conspirar para saltar as sancións contra Irán. O maior fabricante de teléfonos intelixentes da China levaba tempo sendo investigada polas autoridades de Washington que lle prohibiron á compañía instalar os seus equipos de telecomunicacións en importantes redes de telecomunicacións estadounidenses.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/01/2019