CRTVG

Buscar

Estados Unidos acelera a saída de Afganistán por medo a un novo atentado

Publicado o 29/08/2021 14:21

Os norteamericanos que quedan en Cabul aceleran a saída de Afganistán antes do próximo martes. Estados Unidos cre moi probable un novo atentado terrorista no aeroporto.

Os 350 estadounidenses que quedan na capital manteñen unha peculiar colaboración cos talibáns nos arredores do aeroporto, xa que os dous bandos queren evitar unha nova acción suicida do Estado Islámico.

As tropas internacionais sacaron de Afganistán preto de duascentas mil persoas, a maior parte delas colaboradores afgáns. Francia e Inglaterra proporán mañá que a ONU manteña unha zona controlada no aeroporto de Cabul cando o próximo martes, día 31, remate o prazo pactado cos talibáns para a saída das tropas internacionais do país.

Noticias web

29/08/2021