O Estado honra as vítimas e os que loitaron en primeira liña contra o coronavirus
• O rei Filipe VI fixo un chamamento a "seguir loitando unidos"
• Estivo representado todo o persoal que colaborou na corentena
España honrou hoxe os case 30.000 falecidos polo coronavirus. Foi nun acto na praza da Armería do Palacio Real de Madrid.
O Goberno enviou 500 invitacións, das que se confirmaron máis de 400 asistencias. Estiveron representados os sanitarios, o personal das residencias, mestres, caixeiras ou limpadoras. Asistiron nun segundo plano os representantes de todas as institucións: Goberno, presidentes autonómicos e os máximos dirixentes dos organismos internacionais.
Os reis de España, acompañados polas Infantas, presidiron este acto, que durou 45 minutos aproximadamente. Interveu o irmán dun xornalista morto polo coronavirus, quen dixo que "a memoria é un deber e é a mellor homenaxe que se pode facer".
Tamén falou Aroa López, unha enfermeira do hospital Vall d'Hebrón. Ela compartiu o protagonismo dos heroes que loitaron na primeira liña nos hospitais e todo o persoal que permitiu que todos quedaran nas súas casas.
O rei Filipe VI pechou o acto. Fixo un chamamento a "seguir loitando xuntos e unidos con esperanza e confianza para afrontar o futuro".