CRTVG

Buscar

Advirten da persistencia de secuelas da covid-19 incapacitantes en moitos doentes

Publicado o 30/09/2020 21:03

"O meu corpo parece o dunha persoa de 70 anos. Era unha persoa sa e deportista, e agora véxome incapacitada para a miña vida laboral, persoal e familiar debido a esta enfermidade".

A que conta esta situación é Rosalía Bermejo, unha ourensá de 42 anos que leva máis de 200 días sufrindo as consecuencias da covid-19 que tivo e superou en marzo. Non é un caso illado. Coma ela, doentes que nin sequera chegaron a estar hospitalizados pola infección padecen secuelas severas co paso dos meses. A fatiga extrema é a máis común, pero non a única.

"Molestias farínxeas, febre recorrente, dores torácicas, como presión do peito que lles impide tomar o alento, recaída dos síntomas dixestivos, diarrea, falta de concentración, trastornos do sono. Hai xente que pasa o día enteiro durmindo e outra que ten insomnio, trastornos da temperatura do corpo", explica María Busillo, médica da Unidade de Enfermidades Infecciosas do CHOU.

Os especialistas saben que algunhas patoloxías previas agravan a enfermidade, pero ignoran por que uns doentes superan a enfermidade sen apenas síntomas e outros os seguen tendo unha vez curados da infección. E nestes casos aínda non poden determinar se esas secuelas chegarán a superarse ou se se converterán en crónicas.

Noticias web

30/09/2020