CRTVG

Buscar

Os españois son os europeos que máis toleran a infidelidade

Publicado o 10/10/2019 21:44

Evidentemente, á pregunta de se somos infieis ou non, non responde todo o mundo. Ao preguntarlle a 1.500 persoas en diferentes países sobre se toleramos a infidelidade, o estudo da Fundación BBVA acaba de concluír que os españois somos os máis tolerantes. Tolerantes ou non, este non é o principal motivo de divorcio.

Desde o punto de vista psicolóxico, o estudo tamén acerta. Non é dos problemas que máis se tratan en terapia individual ou de parella.

Os datos din 21% dos españois está moi de acordo coa infidelidade, fronte ao 17% dos italianos, o 16% dos franceses ou o 13% dos alemáns. E ollo, isto non é nada malo, a infidelidade só se considera un problema en casos específicos.

O estudo tamén recolle o grao de satisfacción dos enquisados. Aínda que por pouco, somos os que estamos máis satisfeitos coa nosa vida persoal.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/10/2019