CRTVG

Buscar

Os españois gardan 260.000 millóns de pesetas sen cambiar

Publicado o 26/08/2021 21:01
Os españois gardan 260.000 millóns de pesetas sen cambiar

Os españois quedamos con 1.575 millóns de euros en pesetas sen cambiar. Ou o que é o mesmo: no peto dos españois quedan aínda 260.000 millóns de pesetas.

O prazo definitivo para cambiar a moeda rematou o pasado 30 de xuño, 20 anos despois de que se deixara de usar. Para moitos non foi suficiente e ben por descoido ou por gardalas como recordo, o Banco de España asegurou hoxe que as pesetas sen cambiar supoñen algo máis do 3 % do valor dos billetes e moedas que había en circulación o 30 de decembro de 2001.

Noticias web

26/08/2021