CRTVG

Buscar

Os españois repatriados da China chegarán en breve e ingresarán no Gómez Ulla

Publicado o 30/01/2020 12:55

A vintena de españois que se atopa na cidade chinesa de Wuhan, epicentro do andazo do novo coronavirus, chegarán "en breve" a Madrid e serán posteriormente trasladados ata o hospital Gómez Ulla, onde existe unha unidade de illamento acondicionada para a corentena que deberán pasar.

Así o anunciou este xoves o ministro de Sanidade, Salvador Illa, nunha conferencia de prensa que ten lugar despois de reunirse coa Comisión de Sanidade Pública, en que están os directores xerais de Saúde Pública, e con representantes das sociedades científicas aos que detallou como se abordará a situación da chegada dos españois e como será o dispositivo.

Sanidade ten un dispositivo especifico para a chegada dos repatriados coas máximas garantías para eles e os cidadáns e no Gómez Ulla permanecerán en corentena 14 días.

"Estamos a falar de persoas sas dunha zona de corentena", incidiu o director do Centro de Emerxencias e Alertas de Sanidade, Fernando Simón.