CRTVG

Buscar

Os escolares galegos recuperan a rutina coa volta ao cole despois do Nadal

Publicado o 07/01/2019 20:47

Os nenos e as nenas galegos espremían esta tarde as últimas horas das súas vacacións de Nadal. Mañá volven ao cole, non sempre con demasiadas ganas. Os pais e as nais recoñecen que durante este tempo cambiaron os hábitos de sono e os horarios dos cativos, pero confían en que e adapten con rapidez.

Os expertos recomendan insistir na parte positiva da volta ás aulas. Seguro que o primeiro día se lles fai máis levadío compartindo cos compañeiros as súas aventuras e os agasallos deste Nadal.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/01/2019