CRTVG

Buscar

Os escolares da Ulla recrean os tradicionais atranques

Publicado o 20/02/2020 14:30

Chegaron sen cabalo, pero cunha vestimenta digna de xenerais. Por quinto ano consecutivo, escolares de cinco centros educativos da comarca da Ulla celebraron un acto cun obxectivo moi claro: que prevaleza o seu Entroido. Desta vez, o anfitrión foi o CEIP Nosa Señora da Piedade, de Vila de Cruces.

Os centos de estudantes que se reuniron no auditorio municipal esta mañá déronlle unha volta aos enfrontamentos dialécticos coñecidos como atranques (ou altos) dos xenerais da Ulla. A temática das cantigas que eles mesmos compuxeron con axuda dos mestres xira arredor de asuntos de actualidade e da súa vida diaria que fan desta unha actividade moi amena.

E outro dos protagonistas principais deste Entroido é, por suposto, a elaborada vestimenta dos xenerais.

Polo de agora, os atranques, cantigas e rumbas levadas a cabo por estes pequenos xenerais aseguran a continuidade dun Entroido cando menos divertido para a comarca da Ulla.

Noticias web

20/02/2020