CRTVG

Buscar

Os escolares aprenden a usar Internet con seguridade

Publicado o 07/03/2019 14:14

"Dixéronnos que non puxésemos fotos comprometidas nas redes sociais e a poder ser que fosen privadas".

"Non aceptar solicitudes de amizade de calquera persoa, só de amigos". "Ter sempre en conta que todo o que se expón nas redes sociais queda alí".

Son algúns dos consellos que os nenos de sexto de primaria do colexio López Ferreiro aprenderon no curso sobre o uso seguro da Internet que lles impartiu a Policía Naciona. Os escolares saben agora o que é o ciberacoso, o sexting ou o groming, e como defenderse deses perigos virtuais.

"O groomin é cando un adulto se fai pasar por un neno para pasarlle fotos comrpometidas", din.
"Bloqueámolos e sempre consultamos cun adulto esas cousas", engaden.

O comisario de Santiago, a subdelegada do Goberno e o director do centro entregaron esta mañá o certificado de ciberexpertos a 53 alumnos que fixeron o curso. No acto lembráronlles que non deixen de practicar os coñementos que adquiriron e pedíronlles que se convertan en embaixadores da ciberseguridade, divulgando a través das redes as medidas e os consellos aprendidos.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/03/2019