Os ERTE cobren en Portugal o cen por cento dos salarios, ata 1.995 euros mensuais
Publicado o 18/01/2021 15:14
En Portugal, o Goberno busca paliar con varias axudas os efectos do segundo confinamento. A principal medida é unha figura simular aos ERTE en España, coa diferenza de que os traballadores reciben o cen por cento do seu salario, cun tope de 1.995 euros brutos mensuais.
O ministro luso de Economía prometeu que as axudas se aboarían nun prazo dun mes. Amais, os autónomos que queden sen ingresos durante o confinamento recibirán un cheque de ata 500 euros ao mes. O actual peche de Portugal prolongarase, polo menos, ata o 15 de febreiro.
Máis sobre Economía
04/03/2021 20:55
04/03/2021 17:19
04/03/2021 17:04
04/03/2021 17:03